"A Rianxeira"

Historia


Foi composta en 1947 e estreada un ano despois polo Coro Castelao da cidade de Bos Aires. A súa estrea oficial foi en 1950.

 

Esta mítica peza gravouse na capital Arxentina co título “Ondiñas da nosa ría”, e Iogo foi popularizada en Galicia nos anos cincuenta polo coro “Bernardo do Río”, que solo conservou a súa melodía.

 

rianxeira_2.pngXesús Frieiro Dourado, “Pinciñas”, foi o autor da súa letra. Chegou a el partindo dun amplo repertorio de coplas populares rianxeiras á Virxe de Guadalupe cuxas festas comezan cada ano, dende 1854, o primeiro domingo posterior ó 8 de setembro.

 

rianxeira_1.pngA música foi creada polo emigrante rianxeiro Anxo Romero Loxo, quen por entón dirixía a Rondalla Castelao na cidade de Bos Aires.

 

Hoxe “A Rianxeira” converteuse casi no segundo himno de Galicia. Existe máis dunha versión da letra de “A Rianxeira”.


Imaxe da partitura orixinal

rianxeira_3.pngrianxeira_4.png

Copia da partitura orixinal con arquivo midi

rianxeira5.png

rianxeira6.png

As estrofas primeiras de "Pinziñas"

I

Moito me gustas rianxeira

que estás eiquí na Arxentina

verche cantar e bailar-e

coma ala na terra miña           (bis)

 

Estribillo

Ondiñas veñen

ondiñas veñen e van

non te embarques rianxeira

que te vas a marear

II

Que guapa estabas rapaza

cando che vin na ribeira

tiña-la cara morena

coma a virxe rianxeira        (bis)

 

III

A virxe de Guadalupe

vai no yate de Baltar

lévana os rianxeiros

a remolque polo mar         (bis)

 

 

MÁIS: Enciclopedia da emigracion galega

        EDDLG_principal_blanco.png  ANAGRAMA-2017-sin_borde100.png

Rúa: Ana María Mogas, s/n, Rianxiño, 15920 Rianxo
Teléfono. 981843700
Correo: enl.felixmuriel@gmail.com
b.pngBico da Ría    1373-t-castelo.png Castelo da lúa
YOUTUBE.png              F.png          t.png

2018 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos