frieiro1.pngJosé Frieiro Méndez nace en Brión no ano 1934, antes da guerra. Iniciouse na música tocando o trombón de pistóns. Ó longo da súa vida percorreu diversas bandas de música e, no ano 1961, logo de casar, marchou trinta anos como navegante a Alemaña, onde aprendeu a falar e escribir alemán.

 

Cando volveu, ós 60 anos, xubilouse e tocou en diversas bandas. Actualmente toca na banda de Rianxo. Ademáis, como afición mercou un acordeón que está aprendendo a tocalo el só, sen ningunha axuda.

 

Fixémoslle esta entrevista durante a cal nos tratou con moita amabilidade e simpatía. Agradecémoslle moi fortemente a súa atención.

Sempre foi e será un bo referente para nós, e na banda un xenial compañeiro.

 

Entrevista feita no ano 2006 e publicada na revista de Normalización "Anacos" nº 12

  • Que foi o que lle animou a comezar no mundo da música?

Eu comecei xa que meu pai era trombonista, de feito, xa meu avó en 1888 tamén era trombonista. Eu quixen que as miñas dúas fillas fosen músicas, pero non quixeron.. .pero ahora teño unneto clarinetista.

 

  • Con que idade comezou a aprender música?

Empecei á música no ano 1945, despois da guerra mundial e tiña once anos.. .xa choveu. O primeiro ano de solfeo fíxeno co método maestro Eslava. Logo en 1947 empecei a tocar na Banda Lira de Asados, co trombón de pistóns.

 

  • A aprendizaxe musical era moi cara?

Non, daquela íase a onda o director e xa che daba clase gratis. Os libros comprabamolos nós, por 25 pesetas ou así, e a estudar todos na horta do director.

 

  • Como conseguiu o seu primeiro trombón?

Foino buscar miñanai a Bealo e trouxoo envolto no mandil. Era un trombón de pistóns dun home que falecera, pero estaba en bo uso, e valérame corenta pesetas. Quedei moi contento, non o soltaba nin de día nin de noite! Os instrumentos eran todos de segunda man e os arreglos, facíanos os soldadores. Ademáis todos estaban afinados medio tono inferior que os actuais.

 

  • Cando vostede comezou, como era a banda?

Na banda empezábase tocando polo papel 3°. Os ensaios eran moito máis duros que agora. Comezábase ensaiando zarzuelas, logo overturas e por último o bailable. Aos ensaios iamos a andar de noite dúas veces á semana dende Brión. Alí si que metían caña, non podiamos respirar dous xuntos porque senon afectaba á fluidez da banda. Música que se toca agora antes tirábase con ela, querían música forte!

 

  • Ten bos recordos dos seus principios como músico?

Si! Gustábame moito aquelo, e andabamos a ver quen estudaba máis. De feito, fún toda a miña vida solista... (La Dolorosa, El huésped del sevillano...)

 

  • Para formar parte dalgunha banda de música esixían algún requisitos? Cantas bandas había en Rianxo?

Claro. Tiñas que saber tocar o teupapel e ser home. O problema era que se eran 40 músicos xa nonpodían ser máis, entón tiñas que agardar a que marchara algún músico.

En Rianxo había: Banda Municipal de Rianxo, Banda Lira de Asados, Banda de Música do Araño e Banda de Música de Bealo e a Banda dos Pinchudos de Taragoña.

 

  • Tiñan contratas a lonxe ou só ian tocar dentro do concello?

Si. Íamos ata Viana do Bolo, San Penario de Lama, A Coruña e Lugo enteiro... Resumindo: todo Galicia e Norte de Portugal, (zona de Chaves). E tamén fomos tocar a Neumortier na Bretaña francesa.

 

  • O traballo de músico era duro?

Aquí, o traballo principal dun home non era o de tocar, senon que tiñan o seu oficio. Porén, se había algunha actuación, como o oficio era algo informal, deixábase eíaseatocar.

 

  • Cobrábase ben tocando?

Depende. Había veces que non se gañaban cartos, e noutras ata 30 pesetas (que eran moitas festas). Eu non gastaba nin un patacón estudando. Cobrabamos cada 15 días e logo tomabamos un bocadillo e un chiquito na da Señora Rosa.

 

  • O repertorio era máis ben galego?

Si. Tamén castellano: pasodobres, zarzuelas, overturas... Pero era moi escollido: rapsodias, vals famosos (Strauss)... Pero... Os vellos tocaban! Ao mellor non eran tan finos coma os músicos de agora pero había que competir, levábase o papel para a casa encartado no bolsillo e machacábase.

        EDDLG_principal_blanco.png  ANAGRAMA-2017-sin_borde100.png

Rúa: Ana María Mogas, s/n, Rianxiño, 15920 Rianxo
Teléfono. 981843700
Correo: enl.felixmuriel@gmail.com
b.pngBico da Ría    1373-t-castelo.png Castelo da lúa
YOUTUBE.png              F.png          t.png

2018 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos