arcos.pngXosé Arcos Moldes, naceu en Santa María de Curro-Concello de Barro (Pontevedra), en 1865. Faleceu dunha hemorraxia cerebral o 29 de decembro de 1944, en Rianxo. Non foi republicano. Foi conservador (ao lado do pai de Castelao) e algo agrario.

Foi un perito mercantil coñecido principalmente pola súa actividade como xornalista e director do semanario "El Barbero Municipal" de Rianxo, no que se reproduciron os primeiros textos e caricaturas de Castelao.

Se a súa figura está na memoria dos rianxeiros é polo grande traballo que desenvolveu en pro da cultura local, no campo da ensinanza, tanto musical como educativa, todo de forma desinteresada.

 

máis información en: Blogue rianxeiros

himno2.png

Desperta, Rianxo, do teu longo sono,

e os ollos abre a un novo vivir,
Escravo non queiras por mais ser dun dono,
Que ė mengua dos tempos aun amo servir.

 

Teus fillos mellores de ti van fuxindo,
Cal dun lazarado se arredan os sans,
Chorando coitados, tal vez maldicindo
À terra que cría caciques tiráns.

 

Escravo da terra limpa esa morriña,
Ti, do mar escravo, sacudea de vez,
Nunca pulo xigante, despertade axiña,
Fillos de Rianxo se vivir querés.

 

Ti ere_lo berce de Manuel Antonio

De homes sabidos de arte xenial,
A túa voz xunta ao hino de triunfo,
Que en Galiza ceibe axiña se oirá.

 

Decata que viven os pobos que loitan,
Que aqueles que dormen perecen ao fin.
Desperta, Rianxo, a loitar disponte,
Desperto e loitando poderás vivir.

 

Mulleres e homes, mocedá rianxeira,
Decote adoitados para alleos manter,
Cun berro que abrouxe de viva Galiza!
Que viva Rianxo! Poñeivos en pé!

        EDDLG_principal_blanco.png  ANAGRAMA-2017-sin_borde100.png

Rúa: Ana María Mogas, s/n, Rianxiño, 15920 Rianxo
Teléfono. 981843700
Correo: enl.felixmuriel@gmail.com
b.pngBico da Ría    1373-t-castelo.png Castelo da lúa
YOUTUBE.png              F.png          t.png

2018 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos