Maruxa Miguéns


>A vida artística


Maruxa-1-web.jpgMaruxa Miguéns Lustres nace no ano 1936. Con dezaseis anos faise noiva de Xosé e aos dezanove e medio casan. Era o ano 1955.

A partires deste momento a súa vida queda ligada aos gaiteiros e comenza, pouco a pouco, a súa incorporación.

Ela, nun primeiro momento, encárgase da intendencia do grupo no referente á súa imaxe e á indumentaria (prepara e arranxa os traxes); pero o seu labor vai máis alá e empeza a axudar nos ensaios coa percusión, cada vez que algún membro non pode vir ou se retrasa.

No ano 1962, Alfonso sofre un pequeno accidente pois cae do palco en Escarabote e escorda un brazo. Ante a necesidade de cumprir cos compromisos que aínda lles quedaban e non encontrando substituto por ningures, é o momento de afrontar a primeira actuación e Maruxa preséntase por primeira vez co grupo na festa do Rosario en Leiro. O grupo queda formado por:

  • Xosé Romero, gaita
  • Tomás de Bexo, gaita
  • Maruxa Miguéns, bombo e canto
  • Eloi Franco, tambor

O grupo, que xa tiña pezas de canto dende os seus comezos, adoita unha nova imaxe con Maruxa. Ela presenta e fai as reseñas de cada un dos temas que interpretan. A súa presenza permanecerá ligada ao grupo ata que este deixe de actuar.

Pero o seu labor segue en paralelo ao do seu home e xuntos van desenvolvendo un labor de ensinanza por diversos Centros Culturais da bisbarra. Maruxa encárgase da parte relativa aos cantos e á percusión

>Ensinando a tocar e a cantar

Década dos 80Maruxa-2-web.jpg

 > Casa da Cultura de Muros

Xosé consegue facer unha banda que levará o nome de "Banda Relinga de Muros".

A súa dona, Maruxa Miguéns, encárgase de enseñar a percusión.

Década dos 90

> Centro Cultural de Isorna

No Centro Cultural "Faustino Rey Romero" e no local da antiga escola da República crean xuntos un grupo que levará o nome "Ollando as Cercas" pois dende o local pódese ver o mente chamado "As Cercas". 

> Lamela-Bandeira

Forma aqui un grupo de persoas maiores co nome "Carqueixas" .Xosé encárgase dos gaiteiros e Maruxa da percusión 

> Taragoña-Rianxo

En Taragoña póñense ao frente do grupo "The crazy Ches". Formado por adultos, nunha primeira etapa tan só con gaiteiros, pero logo incorpora a presenza das mulleres para cantar e tocar a pandeireta, ensaiadas e dirixidas por Maruxa.

 

> No Parlamento

Maruxa Miguéns, gaiteira profesional, fala no Parlamento

Maruxa-3.jpg15 Marzo, 2016. Por: Aldara

Con motivo da celebración, o 8 de marzo, do Día da Muller homenaxearon no Parlamento galego a doce mulleres que por unha razón ou por outra romperon os esquemas da sociedade facendo cousas que tradicionalmente non realizaban as mulleres. Unha delas foi Maruxa Miguéns, a primeira gaiteira profesional de Galicia

Maruxa Miguéns é de Asados e toca no grupo Os Rosales, que goza dun gran prestixio no mundo da música tradicional, co seu home Xosé Romero. Na súa intervención rememorou anécdotas que viviu nos anos 60 cando o grupo se lamentaba de que non puidera tocar con eles nada máis que nos ensaios. Pero Maruxa decidiu tocar tamén nas actuacións, e a primeira vez que o fixo o público exclamou:" Mirade! Un gaiteiro vestido de muller!" Noutras entrevistas tamén comentou que o feito de ser gaiteira levou consigo moitas críticas, porque moitos pensaban que tiña que quedar na casa coidando dos fillos, en lugar de pasar case todo o verán de festa en festa tocando. Non se arrepinte para nada de enfrontarse ao ideal de muller que imperaba naquela época e séntese satisfeita e orgullosa de ser gaiteira, e de selo porque quere e porque disfruta coa música.

Na actualidade non é tan estrano atopar mulleres gaiteiras, tamborileiras, acordeonistas ou bombeiras e non se critica a ningunha muller por querer dedicarse á música. Creo que está completamente normalizada a presenza das mulleres nos grupos de música tradicional. De feito nunha das agrupacións de música tradicional de Rianxo hai o mesmo número de alumnas matriculadas en gaita que alumnos. Isto confirma que se avanzou moito neste ámbito dende os anos 60. Grazas ao valor de Maruxa Miguéns e de moitas outras mulleres que decidiron loitar pola igualdade, hoxe podemos ser mulleres gaiteiras sen que a ninguén lle sorprenda.

Vídeo: No bar "A Lareira" para a TVG

video_rosales_2.png

        EDDLG_principal_blanco.png  ANAGRAMA-2017-sin_borde100.png

Rúa: Ana María Mogas, s/n, Rianxiño, 15920 Rianxo
Teléfono. 981843700
Correo: enl.felixmuriel@gmail.com
b.pngBico da Ría    1373-t-castelo.png Castelo da lúa
YOUTUBE.png              F.png          t.png

2018 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos