NOMEUMAR.png

Este vocabulario é o froito dun traballo de investigación terminolóxica que o ENDL do IES Félix Muriel desenvolveu durante tres cursos académicos (2007-2010) no marco dun proxecto máis amplo denominado “No meu mar, na miña lingua”. Este proxecto foi galardoado, en cada un dos cursos, cun dos Premios de Innovación en normalización lingüística que outorga a Consellería de Educación xunto coa Secretaría xeral de política lingüística. A iniciativa tiña entre os seus obxectivos impulsar tanto na normativización do léxico dos deportes náuticos que se practican na vila rianxeira, como a recuperación de léxico relacionado coas embarcacións tradicionais, e así mesmo cunha forma de vida moi ligada aos habitantes do concello, a batea. Entre 13 membros do profesorado e arredor de 90 alumnos e alumnas levouse a cabo un traballo de recollida de léxico mediante enquisas entre carpinteiros de ribeira, mariñeiros, traballadores de estaleiros, alumnado e familias... Desenvolveuse a continuación un traballo terminolóxico analizando de xeito rigoroso cada termo: comprobando a súa existencia nos dicionarios de galego, pescudando a correspondencia noutras linguas, consultando con especialistas… o que levou a que en moitos casos tivésemos que lanzar novas propostas terminolóxicas. E aínda se quixo ir máis alá e, ademais de definir cada termo e indicar a correspondencia en castelán, inglés, francés e portugués, buscáronse imaxes que ilustrasen cada unha das voces específicas dos diferentes campos, coa pretensión de realizar un modesto vocabulario visual. A actividade destes anos rematou coa elaboración dos vocabularios que aquí se presentan, organizados segundo os campos temáticos da investigación. Cada un deles vai encabezado pola imaxe dos carteis -realizados tamén por nós- que están editados en formato lámina (50x70). Este traballo tamén se elaborou en versión dixital, onde ademais desta información á que se pode chegar de forma interactiva, pódense atopar moitas máis ilustracións e fotografías de cada un dos termos.


Membros do profesorado que

desenvolveron o proxecto:

Agradecementos: nomeadamente a
  • Álvarez, Noemi
  • Bretal, Dolores
  • Formoso, Tina
  • Gamarra, Pepa
  • González, María
  • Lobato, J. Manuel
  • Losada, Emilio
  • Martínez, Alfonso
  • Parcero, Javier
  • Piñeiro, Rodolfo
  • Plaza, Paz
  • Rodríguez, María
  • Suárez, Rosa
  • Todo o alumnado do IES participante no proxecto durante estes tres cursos
  • Carpintería de ribeira “Asteleiros Catoira”
  • José Mª Domínguez Mosquera, carpinteiro de ribeira
  • José Ramón Rodríguez IglesiasAsociación de bateeiros ASPROMERI
  • Club de remo, vela e piragüismo de Rianxo
  • Fabián Enrique Sampedro e Alexandre Galván Sobradelo
  • Museo do Pobo Galego, Santiago
  • Emilio Lavandeira, fotógrafo
  • Termigal
  • Francisco Fernández Rey, profesor da USC
  • Profesorado colaborador
  • Mª Elena Campos,
  • Begoña González,
  • Carlos Jacob e José Maroño
  • ANPA do IES Félix Muriel
  • Concello de Rianxo

O TRABALLO PUBLICADO POR EDITORIAL TOXOSOUTOS

    LIBRO.png

        EDDLG_principal_blanco.png  ANAGRAMA-2017-sin_borde100.png

Rúa: Ana María Mogas, s/n, Rianxiño, 15920 Rianxo
Teléfono. 981843700
Correo: enl.felixmuriel@gmail.com
b.pngBico da Ría    1373-t-castelo.png Castelo da lúa
YOUTUBE.png              F.png          t.png

2018 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos