RianxoFala na voz das persoas maiores

"Das avoas ás netas"

A nosa memoria lingüística

Duración: 15;15

 

Vídeo feito no Taller da memoria que promove o Concello.

As mulleres que aparecen neste vídeo falan en parellas da súa vida na escola que lles tocou de pequenas. Reflexionan sobre esa época e sobre o uso da nosa lingua neste entorno.

"Avós e netos, elos dunha mesma cadea"cadea.png

A exposición AVÓS E NETOS, ELOS DUNHA MESMA CADEA, é parte dun Proxecto Europeo de Asociación Escolar coordinado polo IES Félix Muriel en colaboración cos seguintes centros escolares:


• KBS Nordhorn (Alemaña)

• Escola Secundaria de Sampaio (Portugal)

• Istanbul Avni Akyol Fine Arts and Sports High School      (Turquía)

 

A actividade quere reconstruír, por medio das lembranzas e os obxectos aquí expostos, o tempo no que os avós e avoas do noso alumnado foron mozos en Rianxo. A finalidade inherente desta iniciativa é promover a comunicación entre xeracións e entre os catro países asociados.

 

A maneira de vivir durante a década dos anos 60 foi, durante os dous anos que dura o proxecto, recuperada da memoria das familias colaboradoras e transmitida ao alumnado participante, avalando así a comunicación interxeracional e a difusión cultural no marco europeo.


Cómpre mencionar que este traballo non pretende ser unha investigación histórica rigorosa e exhaustiva, senón que debe ser interpretado como unha viaxe dos mozos e mozas participantes no proxecto ao Rianxo dos anos 60 da man dos avós e das avoas.

 

Do mesmo xeito que nas exposicións que tiveron lugar nos países dos outros centros colaboradores, as temáticas aquí tratadas son o resultado da investigación levada a cabo polo alumnado do IES Félix Muriel no ámbito xeográfico de Rianxo, e organizadas de acordo aos seguintes temas:

 

O traballo
A familia
O fogar
O ensino
O lecer
A vestimenta
As celebracións
As comunicacións
O moceo

"Aló polos anos 60"

ENTREVISTADORAS: Marta Lorenzo e Diana Franco

Entrevistas que recollen detalles de como era a vida dos anos 60

"Arrolos"

        EDDLG_principal_blanco.png  ANAGRAMA-2017-sin_borde100.png

Rúa: Ana María Mogas, s/n, Rianxiño, 15920 Rianxo
Teléfono. 981843700
Correo: enl.felixmuriel@gmail.com
b.pngBico da Ría    1373-t-castelo.png Castelo da lúa
YOUTUBE.png              F.png          t.png

2018 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos