Aldea maldita-Abuín-Leiro

Por: Alumnado do ENDL

A Aldea Maldita está situada no lugar de Abuin, na parroquia de Leiro do concello de Rianxo. Chámaselle aldea maldita porque os seus habitantes abandonárona pensado que estaba maldita ao morrer algunhas persoas.

      Todo isto comezou cando os habitantes asaltaron e roubaron un tesouro no Monasterio de Armenteira e déronllo ao cura para que o agochase. Ao día seguinte este apareceu morto. Ao cura seguíronlle varios veciños máis. Os habitantes da aldea pensaban que estaban baixo unha maldición. Dise que os veciños recurriron a unha vidente para que lles indicase onde agochara o cura o tesouro e así recuperalo e devolvelo, pero non se volveu saber del. Unha teoría di que o tesouro segue alí enterrado, nalgunha das casas. Outra teoría di que o cura roubou un cádiz na igrexa de Leiro e a maldición recaerá sobre quen o encontre.

       Dise tamén que a causa da morte dalgúns habitantes puido ser a causa da peste, que entrou polo Grove, e como esta era a primeira aldea que había chegando a Rianxo por mar, e isto non a salvou da enfermidade.

         Os habitantes co medo de morrer eles tamén abandonaron a aldea e situáronse un pouco máis arriba, no actual Abuín. Tampouco podían ir moi lonxe, xa que alí tiñan as súas terras, das que vivían.

Pico Muralla - Araño-Rianxo

Por: Nerea Cebreiro

É un mirador que está a uns 650 metros de altitude sobre o nivel do mar, pódese acceder dende o Araño ou dende Taragoña, cando se empeza a subir hai un monolito no cal se indican os concellos que conflúen nese punto: Dodro, Rois, Lousame e Rianxo, a partir de aquí acaba o camiño asfaltado, hai unha ruta que sube ata a cima do monte Muralla. Boa parte da ruta transcorre pola veira do río Té, hai zonas de forte pendente, sobre todo no último tramo de ascensión, é o punto máis alto da xeografía rianxeira

 

No pico do monte hai boas vistas, dende a cume son impresionantes , en días claros pódese observar a totalidade da Ría de Arousa, tanto a costa norte (Boiro, Pobra, Ribeira) coma a costa sur (Vilagarcía, a illa de Arousa...), a Ría de Muros e Noia, a Ría de Pontevedra e Santiago de Compostela .

No entorno pódense ver curiosas fragas (árbores autóctonos galegos) así como moitos animais en liberdade como cabalos, vacas e cabuxas.

Monte Quintáns - Isorna

Por: Gabriel Eiras

Brión é unha das aldeas de maior extensión do Concello de Rianxo. Nela destaca a capela de Nosa Señora dos Desamparados con festa na sua honra no mes de Marzo. Tamén ten cruceiros  casas de pedra antigas preto da capela, petroglifos e as praias das Cunchas e Porrón.

Paseo marítimo - Taragoña e Rianxo

        EDDLG_principal_blanco.png  ANAGRAMA-2017-sin_borde100.png

Rúa: Ana María Mogas, s/n, Rianxiño, 15920 Rianxo
Teléfono. 981843700
Correo: enl.felixmuriel@gmail.com
b.pngBico da Ría    1373-t-castelo.png Castelo da lúa
YOUTUBE.png              F.png          t.png

2018 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos