Río Te
-Rianxo
Por: Alumnado do ENDL
Río que nace ao pé do monte Muralla (parroquia de Araño), preto da linde con Lousame, a 400 metros de altitude. En total ten 9 km de percorrido entre o seu nacemento e a súa desembocadura na Praia da Torre (parroquia de Taragoña) e segue en importancia ao río Ulla no concello de Rianxo.
Alimentado á dereita polo rio Bexa, procedente dos altos de Campelo, e por varios regatos: o Do Muíño do Conde, o Do Batán, o De Muíños e o Floxo; e pola esquerda polo regato da Devesa.
Baña as parroquias de Araño, Asados, Rianxo e Taragoña e ten un curto tramo de linde entre os concellos de Rianxo e Dodro.
Xunta a súa desembocadura atópanse os restos do Castelo da Lúa, un castelo derruido que se supón levantado por Paio Gómez Chariño na Idade Media.
Nas preamares de mareas vivas e navegábel para pequenas embarcacións, que poden ascender por el ata a Ponte de Té.
Ao longo de todo o seu curso atópanse numerosas pontes, que soen marcar o límite entre localidades, e muíños, dos cales a maioría atópanse en ruinas e sen moitas das pezas orixinais, anque algúns aínda se coservan ou foron restaurados, é o caso do muíño que se atopa na propiedade da aldea rural “Os muíños”, situada na parroquia de Araño, na zona de Burés.
Fauna
Neste río viven varios tipos de cabaliños do demo de pequeno tamaño, todos pertencentes ó orden de insectos coñecido comoOdonata, do suborden Zygóptera. Tamén se pode encontrar en zonas de auga calma o zapateiro ou pita cega (Gerris Lacustris), artrópodo que vive sobre a auga capturando insectos máis pequenos ca el. Consigue frotar na auga grazas á súa capacidade para crear tensión na auga cuns mecanismos especiais das súas patas. Entre os peixes destaca a troita (Salmo trutta), especie ben coñecida polos habitantes de Rianxo. Asimesmo, atópanse diversas especies de anfibios como ras, sapos e píntegas, que soen aventurarse fóra do río. Asemade, hai eirugas do pino, que no seu estado adulto se transforman na procesionario, un tipo de bolboreta nocturna.
Lenda
Existía unha familia que vivía xunta ao río na parroquia de Taragoña. Esta familia estaba cebando un porco para vendelo na feira e amañar o tellado da casa. Pero, inexplicablemente, o animal deixou de comer e cada día estaba máis fraco. O veterinario non atopou explicación a isto e o cabeza de familia pensou que podía deberse a unha meiga envidiosa dun porco tan saudable. O home lavou o porco no rio, preparou unha fogueira con ramas, follas secas e moita palla. Meteu no lume ao animal, que saíu sen ningún dano e recuperouse nuns días.
Cantar popular
Si o río Té
fóra de coñá*
mais de catro mozos
irían ala.
*coñac