Santa María - Igrexa parroquial - ASADOS


Por: Fátima Somoza

É un templo de gran interese polas solucións arquitectónicas que presenta. Foi construído no século XVI, mide 32,00 metros de longo e 13,90 de largo (dimensións máximas exteriores).

A sancristía e capelas laterais son de construción máis recente, e a torre data do século XVIII, data na que tamén se construíu a fachada principal.

Ten a cuberta a dúas augas de tella do país.

Presenta a planta de cruz latina,co brazo tranversal moi curto.

Ten dúas capelas laterais de pequenas dimensións e unha terceira dependencia onda o altar maior.

As naves confórmanse de bóvedas de canón sobre arcos de medio punto;no cruceiro a altura é menor e presenta bóveda de aresta. Aos pés da nave sitúase o coro de madeira. As sancristías nova e vella tamén prersentan bóveda de canón.

A torre campanario ten grandes dimensións e está situada no eixo da fachada, algo pouco común nesta zona, e divídese en varios treitos; o pimeiro corresponde á entrada mesma da igrexa, cunha porta rematada con arco de medio punto, pilastras e frontón triangular partido pola franela que contén unha imaxe da Virxe. No terceiro corpo encóntrase o campanario propiamente dito que remata cunha pequena cúpula.

Santa María - Igrexa parroquial - LEIRO


Por: Aarón García Pazos

 A Igrexa Parroquial de Santa María de Leiro é un templo románico do século XVII que presenta unhas dimensións exteriores máximas de 24,20 por 9,70 metros.

 

Consta dunha única nave de planta rectangular con ábsida na cabeceira que conforma o presbiterio. Accédese a ela a través dun arco triunfal de medio punto e está cuberta con bóveda estrelada. A nave principal é de bóveda de canón rebaixada, feita en madeira e cos cimbros á vista. Ós pés presenta unha tribuna con escada de caracol de acceso que conduce ao campanario. A sancristía foi engadida á ábsida con posterioridade.

 

Os muros son de chacotería e a fachada principal e a torre de canteiría. A torre é de planta cadrada e está situada no lateral dereito da fachada, composta por tres teitos: o primeiro totalmente liso, do século XVIII (sen decoración), e os dous últimos son posteriores e de estilo barroco. Rematan en cúpula.

 

Na fachada principal podemos observar unha porta rectangular, ao mellor maior cá orixinal, xa que desborda o arco de medio punto, enmarcado por xambas e con adornos florais nas arquivoltas. Sobre a porta hai repisa e dosel en forma de cuncha coa imaxe da Virxe co Cristo en brazos. Enriba ábrese un pequeño rosetón. O tellado ten dobre caída, é dicir, a dúas augas con tella curva do país. No interior da nave hai un pequeno baptisterio no lado do evanxeo e dous altares de pedra colocados diagonalmente nos ángulos do fondo.

 

 

CURIOSIDADES

  • No século XIX atopouse unha persoa inglesa falecida e foi enterrada na igrexa de Leiro.

  • A campá maior do campanario da igrexa pertencía antigamente á igrexa de Caldas de Reis.

  • Nunha das lápidas do cemiterio, contiguo á igrexa, hai un dito popular gravado que di: “¿Tú qué miras? Como me ves te vi, como te ves me verás.”

  • Na parte Norte da igrexa hai unha marca cadrada. Iso significa que esa era unha antiga porta da igrexa usada para entrar e abrir a porta principal.

 

OPINIÓN DE FUTURO

Esta igrexa, como todas as demais, merece, debe e pode ser conservada. A Consellería de Patrimonio xa está pensando en reformala, e esta é unha boa maneira de conservala. Creo que no ano 2112 debería seguir en pé para que todos os nenos saiban, un século máis adiante, como se mantivo a igrexa no século XXI e noutros séculos pasados.  É parte do patimonio que nos foi dado e tamén nós debemos conservalo para as xeracións futuras. 

Igual que acontece co patrimonio material que todos podemos ver, tocar... debemos ser conscientes de que temos unha cultura, lingua, etc que nos transmitiron e que depende de nós que non se perda, e que sexa coñecida e valorada polos nosos descendentes, de aquí en diante.

Divino Salvador - Igrexa parroquial - TARAGOÑA


Por: Alumnado do ENDL

É a igrexa de máis recente construción do Concello, aínda que se descoñece o ano no que foi feita. As súas dimensións máximas exteriores son 15,75 por 28,00 metros.

 

Consta dunha planta rectangular cunha soa nave e dúas pequenas capelas laterais de planta cadrada. O acceso ó presbiterio faise a través dun arco de medio punto apoiado sobre pilastras, ó igual que ás dúas capelas, cubertas por bóvedas de canón. A nave principal cóbrese cunha falsa bóveda de canón rebaixada; na cabeceira ten engadida a sacristía, que non destaca volumetricamente ao exterior.

 

No ano 1863 acométese a reconstrución da actual fachada, composta por dúas pilastras laterais que sosteñen un frontón triangular; componse ademais dunha porta de acceso e un oco semicircular sobre ela. A cuberta é a dúas augas, con tella curva.

 

No ano 1865 constrúese a torre-campanario.  Está situada nun lateral da nave, ao lado dunha capela e accédese desde o exterior. Ten planta cadrada e está composta por tres corpos que van diminuíndo o seu tamaño, rematado o último en cúpula.

 

No ano 2012 estívose a facer unha nova remodelación na igrexa taragoñesa, xa que a tribuna onde se situaba o coro durante as cerimonias relixiosas estaba en proceso de derrubamento , e tíñase medo de que iso puidese levar a maiores danos nun futuro ou mesmo a ter algun que outro susto se se producían danos entre os fregueses. Daquela a misa celebrábase nun galpón pequeno situado en fronte da igrexa, de pequeno tamaño pero decorado con moito esmero. O estado de conservación é bo. Está rodeada polo cemiterio, de grandes dimensións e tamén conta cun lavadeiro e unha fonte para que os veciños poidan lavar a roupa nel ou mesmo coller unha auga fresca e rica.

Dentro de 100 anos gustaríame que se mantivese en bo estado, que a tivesen máis coidada e que o seu aspecto antigo se mantivese.

A xente que vai a misa fala galego, ó igual que a maioría da xente de Taragoña. O cura tamén fala galego normalmente tanto cos fregueses como cando celebra a misa.

De aquí a 100 anos, gustaríame que o galego seguise a ser a lingua que todos utilizásemos, mais creo que iso non vai ser posible xa que os rapaces cada vez falan máis castelán e deixan de lado a nosa lingua, o cal non está ben , xa que forma parte do noso patrimonio como tantas outras cousas.

0:00
0:00

Santa Columba - Igrexa parroquial - RIANXO


Por: Rafa e Douglas

É a igrexa parroquial de Rianxo. É das máis interesantes da bisbarra pola súa beleza, trazado e detalles ornamentados.

 

Consta básicamente dunha nave central, unha capela maior e dúas laterais, unha sacristía e unha torre, posteriormente construeuse un corpo pegado á parte posterior da capela maior.

 

A nave principal está dividida en catro partes por arcos de punta. Na zona de entrada encóntrase unha tribuna apoiada sobre arcos octogonais e de tramo de caracol.

 

Son varios os estilos arquitectónicos que se encontran nesta igrexa; gótico, plateresco e barroco presentando claros sinais da súa presenza, empregados sucesivamente en diferentes etapas da evolución do templo. A igrexa é probablemente do século XV, a porta principal e as outras dúas portas laterais sitúanse no século XVI e así sucesivamente foi sufrindo varios cambios durante as épocas da súa longa existencia.

Virxe de Guadalupe - Igrexa - Rianxo


Por: Alumnado do ENDL

Sinxela e preciosa capela situada en plena Praza de Castelao (centro da vila de Rianxo). Garda no seu interior a venerada imaxe da Virxe de Guadalupe (patroa rianxeira).

 

Esta capela, como moitísimas en Galicia, tivo varias etapas construtivas e destrutivas. Así sobre os restos doutra capela anterior, no século XII e con trazas plenamente románicas, levantouse a actual capela. Posteriormente  e xa no século XVI, concretamente no 1561, Don Alonso Fernández Bastón, mandou e financiou o arranxo, alterando a fachada. Finalmente no XIX fíxose unha completa remodelación do pequeno templo.

 

Na fachada destacan as decoradas xambas (Cada unha das dúas pezas verticais que están situadas a ambos os lados do oco dunha porta ou ventá sostendo o lintel). 

 

Tamén resalta o fermoso lintel (Peza horizontal, xeralmente de pedra ou madeira, que limita pola parte superior o oco dunha porta ou ventá) con inscricións sobre o que se asenta un primeiro friso con platabandas (Lintel de pedra que delimita na parte superior o van de portas e ventás.) e un segundo chán con guirnaldas e caras de anxo. Máis arriba hai un frontón triangular cunha pequena representación da virxe de Guadalupe protexida por unha venera. Tras o frontón hai un pequeno óculo (non chega a rosetón) e unha fermosa espadana de dobre vano oxival. Nos laterais destacan os poderosos contrafortes así como unha pequena xanela gótica. A ábsida é cadrada e lisa.

 

O interior é dunha soa nave con cuberta de madeira a dúas augas, salientando unha bóveda de nervaduras e un fermoso retablo no altar maior.

 

Pero e da virxe, que? É unha talla de 1773 feita polo rianxeiro Xosé de Santiago a imitación da do mosteiro de Guadalupe en Cáceres. Foi unha figuriña que se gardaba na capela de San Xosé da Floresta mais cando as tropas napoleónicas pasaron polas Rías Baixas deixárona nun estado ruinoso polo que se decidiu trasladar a virxe á capela.

 

A romaxe con esta escultura celébrase o primeiro domingo de setembro despois do día 8. Faise unha procesión mariñeira coa virxe a bordo dalgún barco bateeiro, mentres o pobo canta “A Rianxeira” tanto cando se vai no barco como cando chega a Tanxil.

 

Antigamente, a capela da virxe de Guadalupe non tiña a balaustrada que ten agora, senón que tiña un muro de pedra pintado de branco. Ao lado conserva as mesmas escaleiras.

San Xosé da Floresta - Capela - Rianxiño


Por: Alumnado do ENDL

 A capela foi promovida por Xacinto Varela Becerra Sotomaior en 1644. A imaxe da Virxe da Guadalupe permaneceu nela desde 1773, data na que a construíu o rianxeiro Xosé de Santiago,  ata a chegada das tropas napoleónicas ás Rías Baixas no século XIX que –ao deixar esta igrexa nun estado ruinoso- obrigaron ao traslado da Virxe á actual capela.
 
Esta igrexa ten unha base rectangular. A fachada conta cun frontón triangular enriba da porta principal e cunha pequena ventá; remata no alto cunha estrutura arqueada que sostén dentro a campá.
 
Na fachada desta capela de San Xosé, tamén chamada do Patrocinio, hai un escudo xa moi erosionado pero que lle serviu de inspiración a Castelao para reinventar o escudo de Galiza que ten como lema  “Denantes mortos que escravos” e como figura principal a serea dos Mariño de Sálvora.
 
Na entrada encóntranse unhas escaleiras semicirculares para acceder á porta principal. O tellado é de dúas augas. No lado esquerdo conta cunha estrutura anexa onde está a sancristía tamén rectangular.
 
No lado dereito hai unha porta polo que tamén se pode acceder ao interior , está a carón dunha estrada pouco transitada. As paredes da igrexa están cubertas de musgo polo exterior, coma o tellado que está cheo de vexetación.

Santa Eulalia - Igrexa parroquial - ARAÑO

Santa María - Igrexa parroquial - ISORNA

Santa Lucía - Capela - Asados

San Pedro de Vilas - Capela - Asados

Nosa Sra. dos Desamparados - Capela - Brión-Leiro

San Xoán Bautista - Capela - Iñobre-Taragoña

VER VÍDEO   Por: Fátima Somoza 

San Bartolomeu - Capela -Rianxo

VER VÍDEO   Por: Irene Blanco

RianxoFala > Falaron > Herdanza artística > Igrexas e capelas

        EDDLG_principal_blanco.png  ANAGRAMA-2017-sin_borde100.png

Rúa: Ana María Mogas, s/n, Rianxiño, 15920 Rianxo
Teléfono. 981843700
Correo: enl.felixmuriel@gmail.com
b.pngBico da Ría    1373-t-castelo.png Castelo da lúa
YOUTUBE.png              F.png          t.png

2018 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos