Pazo dos Viturro

Rianxiño-Rianxo

Por: Nerea Grela e Sara Otero

Pazo de estilo barroco do século XVIII situado en Rianxiño. A planta ten forma de “L” con ás de dimensións semellantes. Ten un patio que queda cerrado por outra construción disposta de forma perpendicular ao edificio, formando un “U”. Pertenceu orixinariamente á familia Pose de Noia. A carón do pazo atópase un hórreo de grandes dimensións. A quinta conta cunha grande extensión. O pazo foi restaurado e conta con algunha construción adicional.

O hórreo, tamén denominado Hórreo de Rianxo, é o segundo en importancia do municipio. É de pedra na súa totalidade e incluso a cuberta de dúas augas está construída con lousas de granito. As dimensións exteriores son de 24,70 metros de largo e 1,50 metros de ancho. A súa construción iniciouse en 1910 e rematouse en 1920.

Ata 2015 foi o Centro Pastoral de María Ana Mogas, unha comunidade de Franciscanas que acolle a grupos de colexios, parroquias ou adultos nun ambiente propio para a convivencia, a formación e o disfrute da natureza e a animación espiritual. Conta con capela, polideportivo, piscina, zona de acampada, sala de reunións…

Faise del publicidade como albergue privado e permanece aberto durante todo o ano.

 

Cargando galería...

Pazo dos Torrado

Asadelos-Asados-Rianxo

Por: Eva Vicente Abuín

Preto da Igrexa de Asados a familia dos Torrado construíu no século XVI/XVII este pazo barroco con planta en forma de "L" con brazos de desigual lonxitude e dúas alturas; suponse que o brazo máis curto puido ser a antiga torre. A solaina, situada no patio, na intersección dos dous corpos dá acceso ao piso superior a través de dúas escaleiras en cada extremo e está cuberta por un tellado soportado por piares.

 

O pazo está moi deteriorado polo paso do tempo. Mostra unha galería cuberta á que se accede por patín e sobre o que perdura aínda un escudo dos Torrado cos seus emblemas, torres e vieiras, abrazadas por unha serea. Este escudo repítese en forma de pináculo na varanda do patín.

No interior da planta alta, que se adica a vivenda, hai dúas salas grandes, varios cuartos pequenos e unha cociña con boa lareira. O grosor do muro dá lugar a parladoiros, é dicir,  aberturas no muro con asentos a ambos lados. Destacan na fachada a gran cheminea e os balcóns de ferro.

 

Unha das entradas ao pazo sitúase no cruceiro de Asados,  onde está a igrexa adicada a Santa María. Alí tamén está a praza de Manuel Antonio.

 

 A familia dona deste pazo ten outro pazo situado en Brión, na pequena aldea de Leiro, no concello de Rianxo, nun ámbito rústico e tranquilo, a moi pouca distancia de varias praias: Cunchas, Tanxil, Madeiro... moi ben comunicado e con todos os servizos próximos.

Cargando galería...

Pazo de Martelo

Rianxo-Rianxo

Por: Alumnado do ENDL

Foi a antiga Torre de Soutomaior. Tiña tres plantas e pertencíalle a Paio Gómez de Soutomaior ou Chariño.

Pazo de estilo barroco situado a carón da Igrexa Parroquial de Santa Comba. Do século XVII/XVIII.

Actualmente presenta planta rectangular. A fachada principal que dá cara á igrexa, destaca pola fermosa balconada de pedra que ocupa toda a fronte, sostida por grandes ménsulas de cantería, igual cós balaústres de traza barroca. A cornixa presenta catro gárgolas de pedra e complétase o conxunto con seis portas e dous brasóns, un en cada estremo.

A fachada posterior conta con catro balcóns de ferro forxado. Presenta tamén un brasón con coroa de marqués e emblemas dos Varela, Figueroa, Andrade e Soutomaior, ningunha delas representativa do primeiro señor da casa, don Paio Gómez Chariño de Soutomaior, militar e poeta.

A fachada que dá á rúa contén unha galería recente.

A cuberta é de tella curva e a catro augas dominada por unha lumieira que da luz ás escaleiras de pedra no interior.

O edificio foi declarado Monumento Histórico-Artístico en 1973

Foi rehabilitado polo Concello en 1983 e hoxe está adicado á Biblioteca Pública Castelao.

Cargando galería...

Pazo de Brión

Brión-Leiro-Rianxo

Por: Alejandra Picón

Ocupa gran parte do núcleo rural. Data do século XVII, cunha reconstrucción no XVIII.  É de estilo barroco. Confórmano dous corpos en ángulo que dan lugar a un patio de forma irregular. Consta de dúas plantas, a inferior utilizada para diversos usos e a superior que conformaba a ampla vivenda cunha cociña na que destaca a enorme lareira con dous fornos.

O patio péchase coa Capela dos Desamparados que formaba parte do pazo.

O portalón de acceso á finca presenta tres cruces de pedra e catro pináculos a modo de ameas sobre o dintel, sendo estes os únicos elementos decorativos de toda a estrutura.

Destacan no exterior un cuberto cun lagar en bo estado de conservación, unha fonte no xardín posterior, a robusta cheminea e o hórreo.

O escudo da liñaxe dos señores do pazo está situado na capela; a serea corresponde aos Mariño, e o brasón que apreixa é o dos Torrado, donos tamén do Pazo de Asadelos.

Na actualidade está prácticamente abandoado.

 

Cargando galería...

Pazo dos Calote

A Capela-Araño-Rianxo

Por: Alumnado do ENDL

É un pazo do século XVII , que está no lugar da Capela, na parroquia do Araño.

A fachada estaba formada por catro arcos de medio punto e un carpanel no centro sobre columnas toscanas, enriba dos que se alza unha balconada con balaustrada de pedra.

Está feito en canteiría maiormente, anque con partes de cachotería.

A planta é rectangular, con dúas alturas que se comunican  por unha escaleira de dobre tramo e por dúas angostas escaleiras de servizo que ascenden por dentro do groso muro; unha ascendía a unha grande sala con saída ao balcón dianteiro e a outra directamente á cociña.

No piso superior ten varias salas e cociña con lareira e un forno. Ten dúas chemineas.

Foi construído en 1628. Conta cun brasón da Casa de Soutomaior e de Xunqueiras.

En 1630 foi construída na mesma finca, por orde de don Juan de Santiago Figueroa, canónigo da catedral de Santiago, unha capela pertencente aos mesmos señores e que dá lugar ao seu  topónimo.

Cóntase no lugar que existe un pasadizo subterráneo que o une coa igrexa.

O pazo conta co brasón da casa de Soutomaior e de Xunqueiras reconstruído recentemente.

Cargando galería...

Pazo de Baltar

Tanxil-Rianxo

Por: Eva García e Beatriz Rey

Pazo de finais do XIX ou principios do XX de estilo que semella colonial, pertencente á familia dos Baltar.

O recinto abranguía o Dique de Tanxil e unha parte da Praia de Tanxil, pero actualmente estas propiedades pasaron a dominio público. Tamén dentro do recinto, atópase sobre o dique, a escultura da Virxe de Guadalupe de Asorey.

Cargando galería...

Casa de Castelao

Rianxo-Rianxo

Por: Alumnado do ENDL

Pertence á familia Baltar e está situada na Rúa de Abaixo, nº 49. Está pendende de compra polo Concello e a Fundación Castelao

Cargando galería...

Casa de Manuel Antonio

Rianxo-Rianxo

Por: Alumnado do ENDL

En marzo do ano 2011 foi inaugurada en Rianxo a casa museo de Manuel Antonio. Nela está recollido o legado deste gran autor chamado o ”POETA DO MAR”

Aínda que a nosa recomendación é vir visitala e coñecer os seus fondos, podemos facernos unha idea de como é a través da súa distribución:

 

PLANTA BAIXA:

O contido que hai nesta planta reflicte o ambiente do Rianxo daquela época, a través de fotografías de “PEPITO PEREZ” que era o curmán de Manuel Antonio e fotógrafo afeccionado.

 

PRIMEIRO ANDAR:

O contido desta planta recolle as vivencias de Manuel Antonio de pequeno ata que se fai mozo.

Recóllense obxectos e recordos do escritor como: notas, cartas, cromos...

Destacan sobre todo dúas cartas: a carta que lle escribiu á súa nai comunicándolle os seus desexos de deixar a carreira eclesiástica para matricularse no bacharelato, e así mesmo a solicitude para cursar os estudos de naútica en Vigo.

Destacamos as mostras do compromiso do escritor xunto con Manuel Xoaquín González e Marcial Rodríguez, para falar e defender o galego sempre. Este feito marca un antes e un despois no facer de Manuel Antonio.

 

SEGUNDO ANDAR:

Recolle o periodo no que o poeta estivo no mar e no que escribiu ademais doutras composicións o poemario “De catro a catro”, que é a súa obra máis importante. Tamén coñecemos a súa viaxe de volta, un retorno que o leva a acabar os seus días na súa casa de Asados, enfermo de tuberculose.

En Asados, aínda que non ten o mar, pode pasear polas beiras do río Té, hoxe incluídas no Roteiro de Manuel Antonio,  tal como sabemos que así fixo Manuel Antonio.

Cargando galería...

Casa de Rafael Dieste

Rianxo-Rianxo

Por: Alumnado do ENDL

Está situada na Rúa de Abaixo, a carón da Casa de Castelao.  Perténcelle ao Concello e está pendente de convertirse en museo.

Cargando galería...

Casa do Coxo

Rianxo-Rianxo

Por: Alumnado do ENDL

A Casa do Coxo foi, a principios de século, a farmacia de Don Xosé, mais era coñecida como a Botica do Campo. 

 

O dono,  Xosé Seco Collazo, graduouse de bacharelato no 1912 e comezou a carreira de farmacia entre os anos 1913 e 1914. Cinco anos despois xa era farmacéutico.  O dato que máis sobresae na súa carreira é a súa chegada ao posto de Inspector Farmacéutico Municipal de Carballo. O nome que recibe actualmente a casa, vén dado polo feito de que Xosé Seco era coxo e andaba con muletas. 

 

Durante a maior parte da súa vida pasou moita fame por non querer gastar os bens herdados da familia, pois dicía “Los bienes de mis padres  ni se alquilan ni se venden”.

 

Podemos contar como datos relevantes en relación  á familia que o seu irmán, Luís Seco Collazo foi Coadxutor en varias parroquias:  no 1910 en Rianxo, onde permaneceu vinte anos; logo en Salacedo (Pontevedra); máis tarde Santa Cristina de Barro e por último no 1930 desprazouse a Catoira onde morreu no 1949.  A noite da súa morte trouxérono en barco até Rianxo e, cando os mariñeiros que ían saír ao mar viron chegar o féretro, voltaron para a casa co medo. Actualmente permanece alí soterrado. Os dous eran fillos de Luís Seco Teixeiro, casado con Manuela Collazo, nada en Rianxo aproximadamente cara a 1859. O pai era cirurxián en Rianxo ao menos dende 1898 e falece en outubro de 1914. O ano anterior á morte do seu pai comeu na súa casa o bispo de Rianxo.

 

INFORMACIÓN PROCEDENTE DO BLOG DE XOSÉ COMOXO:

." Por interese dunha amiga, botei man do arquivo para indagar algo sobre a coñecida “Casa do Coxo” (actual “Museo do Mar”), situada na praza de Castelao, de Rianxo. Con seguridade o fundador foi LUIS SECO TEIJEIRO, posiblemente nacido en Rianxo en 1859. Estivo casado con MANUELA COLLAZO. Exerceu de cirurxián (ou practicante en cirurxía) durante varios anos. Faleceu en outubro de 1914. O ano anterior (1913) déralle unha comida na súa casa ao Bispo de Santiago cando visitou Rianxo. 

Tivo por fillos a:

1.-LUIS SECO COLLAZO, exerceu de crego. En Rianxo estivo de coadxutor uns 20 anos; logo en Salcedo-Pontevedra, en Santa Cristina de Barro (1930) e en Catoira, onde faleceu en novembro de 1949. A noite da súa morte trouxérono en barco a Rianxo, para ser enterrado no cemiterio, ao chegar, o seu corpo deixárono no peirao á espera de poder levalo para a casa paterna. O susto que levaron algúns mariñeiros cando saían para o mar, ao ver aquel home morto, foi histórico... 

2.-JOSE SECO COLLAZO, despois de graduarse de Bachiller, en 1912, comezou a carreira de Farmacia, posiblemente en 1913-14. En 1919 xa era farmacéutico. Chegou a ser Inspector Farmacéutico Municipal de Carballo, e, como se ve nunha fotografía (que nos facilitou Historia de Rianxo), tivo farmacia en Rianxo.Coñecido como Don Pepito “o Coxo”, padecía unha coxeira de importancia, e, para andar, necesariamente tiña que botar man das muletas. O seu paso polo Campo, coa súa habitual capa negra, moi raída polo paso dos anos, facíase eterno. Era dun carácter un tanto insociable. Non se relacionaba con case ninguén, quizais algo coa señora que lle deixaba a comida na casa. Creo que faleceu a mediados dos 60, sen herdeiros, a pesar de deixar un testamento “indescifrable”...

Cargando galería...

        EDDLG_principal_blanco.png  ANAGRAMA-2017-sin_borde100.png

Rúa: Ana María Mogas, s/n, Rianxiño, 15920 Rianxo
Teléfono. 981843700
Correo: enl.felixmuriel@gmail.com
b.pngBico da Ría    1373-t-castelo.png Castelo da lúa
YOUTUBE.png              F.png          t.png

2018 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos