Alfonso Daniel Rodíguez Castelao

castelao.jpgRianxo (1886) - Bos Aires (1950)

Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao naceu en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886 e morreu no exilio, en Bos Aires, o 7 de xaneiro de 1950.

Está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Foi homenaxeado co segundo Día das Letras Galegas, no ano 1964. En decembro de 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra como Ben de Interese Cultural.

Pasou a súa infancia en Arxentina e non regresou ata o ano 1900 para realizar os seus estudos de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Logrou finalizar esta carreira, pero xamais a exerceu.

Foi funcionario do Instituto Xeográfico e Estatístico e profesor de debuxo nun instituto de Ensino Medio de Pontevedra.

Milita no nacionalismo galego, foi conselleiro do Partido Galeguista, e foi tamén elixido en 1931, deputado para as Cortes Constituíntes pola Organización Republicana Galega Autónoma. Foi expulsado do goberno de Galicia en 1934. Novamente será elixido deputado nas Cortes pola Fronte Popular no mes de febreiro do ano 1936. Colaborou de xeito decisivo na elaboración e aprobación do Estatuto de Galicia. Cando finalizou a Guerra Civil tivo que saír exiliado de España pero permaneceu como membro do goberno republicano no exilio.

Obras:

  • Cego da romería (1913),
  • Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (1922),
  • As cruces de pedra na Galiza,
  • Cousas (1926, 1929),
  • Cincoenta homes por dez reás (1930),
  • As cruces de pedra na Bretaña (1930),
  • Nós (1931),
  • Os dous de sempre (1934),
  • Retrincos (1934),
  • Galicia Mártir (1937),
  • Atila en Galicia (1937),
  • Milicianos (1938),
  • Sempre en Galiza (1944),
  • Os vellos non deben de namorarse (obra teatral representada en 1941, publicada en 1953),
  • As cruces de pedra na Galiza (1950),
  • Obra completa,1. Narrativa e teatro,
  • Obra completa, 2. Sempre en Galiza,.
  • Obra completa, 3. Diarios de arte.

 

Imaxes

Cargando galería...

Video-presentación: 82 dúas diapositivas referidas a Castelao.

Tríptico conmemorativo: Día da paz (2015)

libro_-_0001.png

Debuxos

Algúns debuxos quitados de libro: "175 dibuxos de Castelao"

Publicado pola Caixa de Aforros de Santiago de Compostela no ano 1976

Cargando galería...

Presentación: "Atila en Galiza"

Presentación: "Milicianos"

        EDDLG_principal_blanco.png  ANAGRAMA-2017-sin_borde100.png

Rúa: Ana María Mogas, s/n, Rianxiño, 15920 Rianxo
Teléfono. 981843700
Correo: enl.felixmuriel@gmail.com
b.pngBico da Ría    1373-t-castelo.png Castelo da lúa
YOUTUBE.png              F.png          t.png

2018 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos