Alumnado do IES explica as orixes do galego nas escolas do CRA
Unha das actividades que xa desenvolvemos en común entre os centros foi a que recollemos nestes vídeos nos que se gravou a visita do alumnado do IES a dúas escolas do CRA: a Escola do Cruceiro e mais a Escola do Pazo.
O obxectivo era que o alumnado do IES lles expli-case as orixes da nosa lingua e que concienciase xa aos nenos e nenas de infantil de que temos unha lingua milenaria que naceu aquí, que é nosa, que temos que conservar…
Dúas alumnas de 1º de Bacharelato Nerea, Sara, xunto con Manel prepararon un conto sobre as orixes do galego e elaboraron unha presentación en diapositivas. Nas vésperas do entroido visitamos a escola do Cruceiro de Taragoña e como Manel tivo un problema, acudiu no seu sitio Aida. Alí estaban os pequenos e pequenas de 3 e 4 anos esperando por nós, coa cara pintada e moi, moi, moi atentos e atentas.