TOPONIMIA DE RIANXO: 1ª fase

O Equipo de Normalización Lingüística do IES desenvolveu desde o ano 2002 o Proxecto Toponimia de Rianxo.

Pretendeuse facer un achegamento á toponimia maior partindo dun traballo de recollida realizado polo alumnado e profesorado do ENL.

O estudo comezou en colaboración co Proxecto Toponimia de Galicia que dirixe a Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia integrada na Consellaría do Medio Rural. Esta facilitounos as fotos aéreas do concello coas que eles traballan, as realizadas polo SITGA (Sistema de Información Territorial de Galicia). Nelas fóronse localizando os nomes de tódolas aldeas de cada unha das seis parroquias do concello.

A información toponímica íase recollendo seguindo as instrucións e as fichas que a especialista Xulia Marqués ten deseñado na súa obra Toponimia e escola. Esta e mais Gonzalo Navaza, profesor da universidade de Vigo e membro da Comisión de Toponimia, axudáronnos na análise da maioría dos topónimos.

Tras comprobar no Nomenclátor de Galicia a frecuencia de todos e cada un dos nomes dos lugares de todo o concello, escolléronse aqueles nomes que eran menos habituais no resto de Galicia.

Con eles elaboráronse uns carteis para nomear as aulas. Son os que presentamos a continuación.

caderno.png

        EDDLG_principal_blanco.png  ANAGRAMA-2017-sin_borde100.png

Rúa: Ana María Mogas, s/n, Rianxiño, 15920 Rianxo
Teléfono. 981843700
Correo: enl.felixmuriel@gmail.com
b.pngBico da Ría    1373-t-castelo.png Castelo da lúa
YOUTUBE.png              F.png          t.png

2018 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos