Este pequeno traballo arredor da toponimia maior de Rianxo ten as súas orixes nun primeiro Proxecto que comezamos no IES no ano 2002 (Toponimia 1ª fase). Contaramos daquela coa colaboración de Gonzalo Navaza e Xulia Marqués. Cando, en 2014, retomamos o proxecto e decidimos abordar toda a toponimia do concello, contamos coa inestimable axuda de Vicente Feijoo Ares, quen nos axudou a buscar o significado dos topónimos que nos faltaban, tanto dos máis transparentes coma dos máis escuros. O ENDL quere agradecerlle a súa imprescindible e desinteresada colaboración.
Cada parroquia conta ca súa páxina onde aparecen os topónimos traballados. Podes ir dende os letreiros que están despois do mapa.
Para máis información, a parroquia de Taragoña conta co documento: Toponimia maior da parroquia de Taragoña (Rianxo, O Barbanza). Estudo etimolóxico de Gonzalo Hermo González